O Refuxio de Verdes acolle este venres ás 20 h a presentación da obra “O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños”. Este libro, editado polo Instituto de Estudos Bergantiñáns e patrocinado polo Concello de Coristanco, aborda a complexa realidade do Anllóns e súa historia a través da mirada dos seus autores cun texto que conta co apoio dun importante material ilustrado.

Ao pé do río Anllóns, nun acto moderado por José Antonio Andrade, os autores Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada e Luís A. Giadás Álvarez presentarán este estudo detallado do río Anllóns “ó seu paso por cada unha das parroquias que cruza nese camiñar”.

Por control de aforo e medidas de prevención específicas, para acceder á presentación será necesaria a previa inscrición telefónica.

Teléfono: 651.66.49.08
Biblioteca de Coristanco