Este vindeiro xoves, 6 de marzo, na Biblioteca Municipal de Coristanco, contaremos coa presentación da obra “A toponimia dos Celtas Brigantinos e doutros pobos da Gallaecia” da man do propio autor, Fernando Cabeza Quiles; investigador, divulgador e referente internacional neste eido.

Baixo o selo Espiral Maior, tamén participarán nesta tertulia de presentación os escritores Xosé Antonio Andrade e Miguel Anxo Fernán Vello co propósito de revivir, a través da toponimia, o noso pasado celta.

🗓 Data: 6-03-2025
🕒 Hora: 19:30h
📍 Localización: 1º Andar da Casa da Cultura, Rúa da Pataca s/n, Coristanco