
O vindeiro luns, ás 16.30h, procederemos a presentar o espazo web do proxecto “As voces das mulleres”, coa presenza de María Molino, deputada de Igualdade e Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña.
Día: 27 de xuño
Hora: 16.30h
Lugar: Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples.
As voces das mulleres é unha iniciativa que conta co apoio económico da Deputación da Coruña, na súa convocatoria dun programa de subvencións para entidades que se dediquen á produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia.
AAntena desenvolveu este programa en tres concellos da Costa da Morte entre os que se atopaba Coristanco; que culminou nun vieiro cultural e teatral que descubriremos nesta presentación.