O Concello de Coristanco embarcase nun novo proxecto de TEATRO COMUNITARIO. As voces das mulleres é unha iniciativa que conta co apoio económico da Deputación da Coruña, na súa convocatoria dun programa de subvencións para entidades que se dediquen á produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia.

AAntena desenvolverá o programa en tres concellos da Costa da Morte entre os que se atopa Coristanco; que culminará cun vieiro cultural e teatral.

O vindeiro 18 de xaneiro, ás 16.30h, no Edificio de Servizos Múltiples, Bernardino Martínez Castiñeira e Xosé Leis Martínez acompañarannos para presentar esta fermosa iniciativa.

A todos/as os que queiran participar nesta proposta de Teatro Comunitario, convidámolos a achegarse a este acto de presentación.