Publicadas as “Bases Reguladoras do premio Contorna e Harmonía”, do Concello de Coristanco; iniciativa que ten como obxecto contribuír á concienciación veciñal sobre a beleza dos pobos e aldeas que conforman o noso rural, entendidas como elementos integradores da paisaxe, coidado e mantemento de todos os elementos, construtivos ou de configuración natural, que integran as súas propiedades, en canto proxectan unha imaxe colectiva de estima por aqueles valores estéticos que mellor nos definen e representan.
Poderán participar no concurso, (directamente ou a proposta de terceiros) calquera persoa física, estea ou non empadroada no Concello de Coristanco, sempre e cando a súa actuación ou actuacións, presuntamente encadrables nestas bases, fosen levadas a cabo sobre construcións, fincas, ou herdades comprendidas dentro do termo municipal de Coristanco.
Poderán participar igualmente as Asociacións de Veciños (AAVV) e Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) ou calquera outras entidades do Concello que non persigan ánimo de lucro, respecto daquelas obras ou actuacións levadas a cabo por estas entidades sobre elementos de titularidade privada ou veciñal.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2022
SOLICITUDES: Dispoñibles nos Rexistros de Entrada do Concello.
> Consulta as bases AQUÍ