RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento MR701E).

Publicado no DOG n.o 44 , do 03 de marzo de 2024.

O obxecto do PROXECTO é a de definir e valorar os traballos necesarios para o “AFIRMADO E MELLORA DA CAPA DE RODADURA DE VARIOS CAMIÑOS NAS PARROQUIAS DE VALENZA E ERBECEDO DO CONCELLO DE CORISTANCO”, os cales se atopan en mal estado de conservación debido ao uso continuado destes. Este proxecto atende 3 actuacións noutros tantos camiños ou tramos de camiño, nas parroquias de Erbecedo e Valenza do municipio de Coristanco.