O Concello de Coristanco está a iniciar o proceso de elaboración do II Plan de Igualdade municipal contra a violencia de xénero. Neste marco de colaboración, as opinións da cidadanía de Coristanco son de gran importancia, por este motivo, solicitamos a vosa colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida para a realización da mesma e que se deberá ter enviada antes do día 12 de maio de 2022.
Para acceder á mesma, preme a seguinte ligazón AQUÍ.