Este pasado domingo, a Federación Galega de Pesca e Casting en colaboración co Concello de Coristanco, desenvolveu no couto de pesca de Verdes a competición de ámbito autonómico Selectivo Salmónidos Mosca. A competición foi clasificatoria para o campionato de España da especialidade 2023 e nela participaron 26 deportistas das catro provincias galegas. Durante a competición realizáronse 963 capturas (posteriormente liberadas) sendo Alberto Vicente Casas quen logrou o máximo número de capturas (86) e Julian Nieto Ferreiro quen logrou a peza de maior tamaño (32cm).
O podio final quedou da seguinte maneira:
🥉3º. David Arcay Fernández (con 31 ptos, 46 capturas e 29 cm de peza de maior tamaño)
🥈2º. Carlos Gesto García (con 28 ptos, 52 capturas e 31 cm de peza de maior tamaño)
🥇1º. Alberto Vicente Casas (con 12 ptos, 86 capturas e 28 cm de peza de maior tamaño)
Dende o Concello de Coristanco queremos facer chegar os nosos parabéns a todos e tamén agradecer á Federación Galega de Pesca e Casting por achegar esta competición a Verdes.