Asunción Antelo Suárez

Nace no lugar de Segufe na parroquia de Seavia o oito de Agosto de 1919. Co paso do tempo foi coñecida na bisbarra como a Rexoubeira de Bergantiños.

Esta muller foi a escola para aprender a escribir e as catro regras. Ten un ollar limpo e transparente e de berce humilde. Da vara de conducir o gando fixo o seu lapis da terra que pisaba. As súas materias foron as pedras, o barro e as madeiras, que traballou de cotío. Os seus exámenes foron as súas obras que deixa para a posteridade nun pequeno museo da súa propiedade que ten ó carón da vivenda, onde se poden contemplar.

O que máis impactou dela foi o gran amor que profesa a súa terra e que deixa plasmadas nos dous libros que ata hoxe publicou “AS PENURIAS DUN AMOR”, e “PAXINAS DA REXUBEIRA DE BERGANTIÑOS”, libro de poemas adicados as terras onde ela vive.

PÁXINAS DA REXUBEIRA DE BERGANTIÑOS. EPÍLOGO

Para escribir este libro
non usei mesa nin banco
as rodillas facían de mesa
ea cama de banco.

Polo día traballaba no campo
e non podía escribir
facíao pola noite
en ves de dormir.

Nas noites longas de inverno
boas fartas me pegaba,
escribindo neste libro
sentada na miña cama.

Con traballos e desvelos
escribín este libriño
para lle deixar de regalo
Os fillos de Bergantiños.

Dona Asunción Antelo Suárez

 

Antonio Cancela Rodríguez

Antonio Cancela Rodrìguez naceu o 23 de febreiro de 1873 un lugar de Erbilleira(Verdes) e morreu o 5 de xuño de 1895, en Cuba,xunto co larachés José Rama Varela.

Os dous soldados de reemprazo pertencían o “Segundo Batallón do Segundo Reximento” de Infantería de Marina, e encontrábanse vixiando a liña de ferrocarril entre Gíbara- Holguín. Foron atacados por unha lexión de insurxentes e a pesares de tela oportunidade, Cancela e Rama non quixeron rendirse e loitaron ata a súa morte.

Foron considerados como heroes. No lugar da súa morte inaugurouse un forte co nome de Rama-Cancela.Esta fazaña foi lembrada durante moitos anos, e o valiente soldado coristanqués e o seu compañeiro recibiron numerosas homenaxes, e aínda seguen sendo lembrados nas crónicas e nos destacados episodios militares de España.

 

María del Consuelo Remuiñán Carracedo “Sor Isabel”

María del Consuelo Remuiñán Carracedo naceu o 17 de xuño de 1876 no lugar de Amboade, parroquia de Seavia. Seguiu o camiño da fe católica. O 19 de novembro de 1905 vestiu o hábito no noviciado da “Casa Generalicia” en Madrid, coa que estivo relacionada ao longo da súa vida, xa como “Sor Isabel”.

Pertencía a Congregación das irmáns “Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor”. Foi asasiñada o 6 de agosto de 1936 na capital de España durante a Guerra Civil. O seu corpo foi encontrado sen vida na estrada de Perales del Río(Madrid)

Despois dun proceso que se prolongou durante anos foi beatificada polo Papa Francisco o 13 de outubro de 2013.

É a única persoa da bisbarra de Bergantiños que conta con esta distinción.