Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:
– Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
– Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
– Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.
Atendendo ao carácter finalista do Fondo, os concellos adheridos a este estarán obrigados a facer unha repartición de conformidade co especificado na norma reguladora 18, entre as microempresas e persoas traballadoras autónomas de cada concello consideradas como beneficiarias finalistas do Programa, co fin de que poidan facer fronte ás consecuencias da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e a paliar o seu impacto económico e social.
Información:
https://sede.coristanco.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasPelReactiva
https://sede.coristanco.gal/opencms/gl/informacion/tablon/noticia_2020_0025.html
https://emprego.dacoruna.gal/son-empresa/quero-contratar/lina-3-pel-pemes/#convocatorias
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/11/06/2020_0000007965.pdf