O pasado 1 de xullo o Concello de Coristanco procedeu a apertura da Piscina Municipal da Rocheira con estritas medidas de hixiene e control, así como unha complexa normativa que tiña como principal obxectivo crear un entorno seguro para os nosos usuarios.

O 30 de agosto procedemos ao peche da instalación ata o vindeiro verán, non sen antes agradecer a todos os usuarios a comprensión e o acatamento da normativa, o cal facilitou en gran medida a nosa labor.