Para continuar coa tramitación da Area Empresarial de Coristanco, dende o Concello ábrese un prazo de 15 días para que os interesados poidan reservar o solo industrial que precisen.
Preténdese así determinar a demanda real de solo industrial no Concello de Coristanco co obxectivo de delimitar axeitadamente a primeira fase, dado que a totalidade da area ascende a 17.000 m² que se irán desenvolvendo por fases, segundo a demanda real.
As estimacións previas sitúan o prezo do solo no entorno dos 40€/ m² para o promotor.
As persoas interesadas deberán contactar telefonicamente co Concello no número 981733001 (Juan García Velo)
Deberán achegar os seguintes datos:
➡ Nome ou Razón Social
➡ Sector ou Actividade.
➡Teléfono de contacto.
➡ Metros cadrados que solicita.
Entre as vantaxes desta reserva inicial, atópase a de contar con prioridade na futura selección das parcelas.