A piques está de comezar a actuación de OS XOGOS DO PAPORRUBIO a cargo de Luchi Iglesias, no CPI Alcalde Xosé Pichel, un compendio de xogos animados de temática agraria.

A pretensión é facerlle accesible aos pequenos e pequenas, a través da diversión, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.

Trátase esta dunha actividade da Rede Cultural da Deputación da Coruña en colaboración co concello de Coristanco.