Os Reis Magos estan a percorrer todo o noso municipio. Aínda que debido as recomendacións e precaucións que deben prevalecer, non poidan achegarse a cada un dos nenos e nenas si que alegrarán as nosas rúas e tentarán levar aos nosos fogares a celebración de nadal.

PERCORRIDO 4 DE XANEIRO:

  • 10h Xaviña
  • 11h Verdes
  • 11.30h Cereo
  • 12h Valenza
  • 13h San Xusto
  • 16h Castro
  • 17h Agualada
  • 18h Cuns
  • 19h Couso

PERCORRIDO 5 DE XANEIRO:

  • 10h Seavia
  • 11.30h Erbecedo
  • 12.30h Oca
  • 16h Ferreira
  • 17h San Paio
  • 18.30h Traba

Os horarios serán estimativos.

Este ano, debido ao seguimento estrito das recomendacións das autoridades sanitarias pertinentes, non se realizará o reparto de caramelos nen ningún outro obxecto.

O Concello de Coristanco desexa boas festas e unha moi boa entrada de ano.