Coristanco, 16 de outubro do 2014. Un grupo de 15 mozos e mozas de Coristanco participaron hoxe no obradoiro “Emprendendo dende a Rede”, unha iniciativa conxunta da Consellería de Traballo e Benestar, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Coristanco que se enmarca no plan Activa 2014, e que conseguiu achegar aos futuros emprendedores os diferentes recursos dos que dispoñen en Internet para dar a coñecer, promocionar e mesmo financiar os seus proxectos.

reducida 3

O obradoiro foi impartido por Borja Rubio, dinamizador da Dirección Xeral de Xuventude, que explicou as numerosas posibilidades que teñen as ferramentas tecnolóxicas actuais, mesmo para os alumnos da EFA Fonteboa presentes no taller que manifestaron a súa intención de xestionar no futuro a súa propia explotación agraria.

“Emprendendo dende a Rede” centrouse, por un lado, nos blogs profesionais. Tamén se dará a coñecer o sistema de financiamento mediante crowfunding. Todos os asistentes recibiron un diploma acreditativo.