O día de hoxe o Concello de Coristanco, na súa loita contra a pandemia do COVID-19, fixo entrega de varios lotes de material de protección e hixiene aos centros educativos do municipio ante o inicio do curso escolar o vindeiro 10 de setembro.
Contando coa colaboración de membros de Protección Civil de Coristanco, o CPI Alcalde Xosé Pichel, o CEIP Bormoio-Agualada, o CEIP Canosa-Rus e o CRA Coristanco-Santa Comba recibiron diversos materiais: dispensadores de xel e solución hidroalcohólica, termómetros dixitais infravermellos, solución hidroalcohólica…