O orzamento do concello de Coristanco foi aprobado definitivamente o 30 de xaneiro de 2014, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Antes fora debatido e aprobado no pleno da corporación do 19 de decembro de 2013 cos votos a favor do Partido Popular e a abstención de Terra Galega e PSOE.
O orzamento ascende a 4,616.914 de euros no apartado de gastos e a 4.654.033 euros no de ingresos. No primeiro apartado destacan gastos de persoal(1,437.695), gastos en bens correntes e servizos(1604.856) e investimentos reais(967.443).
Na mesma sesión plenaria tamén se dou luz verde ao Plan de Obras e Servizos, dotado con 328.000 euros. O 60% destínase a amortiza-la débeda municipal e o restante para acometer dúas actuacións: Mellora de capa de rodadura de camiños rurais en Seavia(80.457 euros) e melloras en vías de Erbecedo(55.097).