ORDE do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

As principais medidas adoptadas son as seguintes:

  • Límite máximo de 5 persoas para calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, excepto no caso de persoas convites, no que non se aplicará esta limitación. Tampouco será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
  • Prohibidos os eventos populares, festas e verbenas.
  • Prohíbese o consumo en barra
  • 50% de aforo en:
    Comercios
    Hostalería e restauración
    Feiras
    Lugares de culto
    Instalacións e eventos deportivos (sempre sentados/as).
  • 75% o aforo en terrazas ao aire libre.
  • Limitacións de aforo:
    Vodas (100 en exterior e 50 en interior)
    Velorios (25 en espazos ao aire libre e 10 en espazos pechados, sexan ou non conviventes)
    Enterros (25 persoas sexan ou non convites)
    Encontros deportivos (150 ao aire libre e 60 en interior).
  • Práctica deportiva de maneira colectiva sen contacto físico cun máximo de 5 persoas de maneira simultánea sen contar, de ser o caso, o/a monitor/a.
  • Recoméndase ás persoas maiores de 75 anos, ás persoas vulnerables ao COVID-19 e a aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara eviten saídas á rúa en horas de máxima afluencia.

Estas medidas teñen un carácter temporal de 14 días naturais contados a partir das 00:00 horas do  22/10/2020.

Lembra consultar integramente o DOG para ter toda a información:
https://www.xunta.gal/…/2463/AnuncioC3K1-211020-6_gl.html