OPERATIVO DE ASISTENCIA AOS COLECTIVOS MÁIS VULNERABLES DO CONCELLO DE CORISTANCO

O Concello de Coristanco pon en marcha un operativo de asistencia a aquelas persoas que se atopen en circunstancias de especial protección, tendo en conta as a situación actual de pandemia do Coronavirus COVID-19.

Este operativo ten como obxectivo que persoas con mobilidade reducida, persoas que vivan soas sen acceso a medios de locomoción ou persoas que deben estar illadas, poidan seguir tendo un acceso continuado a alimentos e medicamentos, sen que a súa situación persoal ou familiar lle supoña unha limitación.

A intención desta iniciativa é a de achegar aos domicilios destas persoas máis vulnerables os bens de primeira necesidade que demanden (alimentos e medicación).

Así, dende o Departamento de Servizos Sociais, realizarase un seguimento das situacións das que o concello teña coñecemento e que se encadren nalgún dos supostos arriba mencionados.

Os cidadáns poderán poñer en coñecemento do Concello de Coristanco a súa situación nos seguintes teléfonos:

☎️Concello de Coristanco: 981 733 001
📱Servizos Sociais: 615 531 180 | 651 663 545
📱Concelleira de Servizos Sociais: 665 294 194
📱Policía local de Coristanco: 606 346 559
📱Protección civil de Coristanco: 669 585 104
📱Cultura: 651 664 908

Rogamos á poboación do Concello de Coristanco que faga chegar esta información a aquelas persoas que non teñan acceso a ela, á vez que poñan en coñecemento do concello aquelas situacións que entendan que requiran da intervención municipal.

Agradecemos a colaboración, cooperación e solidariedade dos veciños de Coristanco.