O vindeiro Martes, 17 de decembro, na Praza do Concello disporase da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, un punto de atención presencial onde se centraliza a información para os galegos do exterior que retornan a Galicia e as súas familias, as súas demandas e necesidades no momento da súa chegada.
- Trámites administrativos anteriores e posteriores ao retorno.
- Prestacións, subvención ou axudas.
- Asistencia sanitaria.
- Vivenda
- Formación
- Orientación Laboral e emprendemento