Obradoiro de creación artística da man da artista local Loli Fernández España.

Este obradoiro propón un exercicio de recuperación da memoria colectiva a través das vivencias das mulleres. A través das distintas sesións, as participantes desenvolverán un proxecto propio onde as súas vivencias e recordos se mesturan co imaxinario colectivo. Deste xeito crearanse obras xenuínas a partires de libros antigos, a través de colaxes, adhesivos, etiquetas, flores… e por medio do picado, recorte ou dobrado das follas.

Por medio desta creación artística rescataremos o mundo rural femenino transformando estes libros usados e outorgándolles así outra vida. A artista Loli España será a encargada de realizar o apoio artístico a esta proposta, facilitando o desenvolvemento das diferentes técnicas.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A mulleres interesadas en realizar labores artísticas a partir do seus propios recordos

QUEN IMPARTE?

A artista Loli España e o Departamento de Cultura do Concello de Coristanco

CANDO E ONDE?

GRUPO 1: Os luns 24 e 31 de outubro, e o 7, 14 e 21 de novembro; en horario de 10,30 a 12,30h.
GRUPO 2: Os xoves 27 de outubro, e o 3, 10, 17 e 24 de novembro; en horario de 16,30 a 18,30h.

O obradoiro realizarase no Edificio de Servizos Múltiples.

INSCRICIÓNS (Prazas limitadas) a través do:
Teléfono: 651 664 908
Correo electrónico: biblioteca@coristanco.gal
ou na Biblioteca Municipal