Conecta co mundo dixital!

Gustaríache aprender a usar o teu smartphone para facer videollamadas, enviar mensaxes ou navegar por internet? Únete á nosa actividade de dixitalización, onde aprenderemos todo o necesario para sacar o máximo proveito do noso teléfono móbil. Non o perdas, é o momento perfecto para descubrir as posibilidades do mundo dixital!

Este curso de dixitalización que vos presentamos consta dun total de 20h lectivas a desenvolver durante 10 días consecutivos de luns a venres en horario de 10 a 12h nos diferentes puntos. Para poder desenvolvelo precisamos ter un grupo mínimo de 8 persoas por formación e un máximo de 15 .

Este obradoiro ten un custe de 50€/persoa, dos cales o concello vai a subvencionar 30€ polo que cada usuario da formación tería que pagar 20€.

DURACIÓN CURSO: 20 horas lectivas
HORARIO: 10 a 12h
CUSTE: 20€