Mozos e mozas do municipio de Coristanco participarán no obradoiro “Emprendendo dende a Rede”, unha iniciativa conxunta da Consellería de Traballo e Benestar, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Coristanco para achegar aos novos emprendedores os diferentes recursos dos que dispoñen en Internet para dar a coñecer, promocionar e mesmo financiar os seus proxectos.
A iniciativa, prevista para o día 16, vai destinada a mozos e mozas de 18 a 30 anos de idade. O obradoiro desenvolverase no edificio de servizos múltiples de 11 a 13 horas, e todos os asistentes recibirán un diploma acreditativo.
“Emprendendo dende a Rede” centrarase, por un lado, no emprendemento dende os blogs. Neste sentido presentaranse diversos blogs de moda, ofreceranse as claves dun blog e o decálogo do blogger. Tamén se dará a coñecer o sistema de financiamento de crowfunding, e explicarase como vender un proxecto, ademais de falar das páxinas temáticas, packs e mecenas.
Os interesad@s en participar poden inscribirse xa chamando ao 981 733 280. O obradoiro é gratuíto.