PROMOCIÓN DA SAÚDE| O vindeiro 15 de abril, o Concello de Coristanco desenvolverá un obradoiro sobre Autocuidado e saúde mental. En presente coa nosa saúde, unha nova proposta que xorde do interese espertado en abordar a temática do autocuidado e a saúde mental en profundidade.
Desde un enfoque práctico, a psicóloga Susana Carro aportaranos as estratexias e os recursos para estar en calma no presente para así poder afrontar mellor as circunstancias que se nos presenten a través da posta en común e a realización de dinámicas participativas.
Obradoiro: En presente coa nosa saúde. Técnicas de relaxación, respiración e mindfulness.
Día: 15 de abril de 2023
Hora: Grupo 1(10.30) e Grupo 2 (11.30h)
Lugar: Edificio Interxeracional da Rocheira
Material: Esterilla
Inscrición: a través do teléfono 651 664 908 ou a canle electrónica biblioteca@coristanco.gal.