Na nosa terra, a festa medra cada ano grazas á forza da tradición, ao traballo da xente… pero tamén á ilusión dos máis pequenos, que son quen manterán vivo o legado no futuro. Por iso, o sábado 20 de setembro, queremos que a súa risa, a súa creatividade e a súa enerxía sexan o motor dunha xornada feita para eles.

🥔🎨 Concurso de Figuras con Patacas

(11:00-12:00 h, Praza do Concello)
A creatividade tamén terá o seu espazo! As patacas converteranse en animais, personaxes ou todo o que a imaxinación permita. Unha maneira de demostrar que coa pataca todo é posible. O xurado valorará a orixinalidade da figura presentada, o esforzo e traballo que teña detrás, así como a súa orixinalidade.

Os interesados en participar deberán presentar as súas creacións na carpa da Festa entre as 11.00 e as 12.00 horas. E a resolución do concurso darase a coñecer na mesma carpa da Festa ás 14.30 horas.

  • 1º PREMIO: 60€
  • 2º PREMIO: 30€
  • 3º PREMIO: 20 €

👩‍🌾 Xogos de temática agraria e tradicional

(12:00 – 16:00 h, Praza do Concello)
Unha viaxe ao pasado a través do xogo, para que os nenos e nenas descubran como era a vida no campo, aprendan divertíndose e sintan que tamén eles forman parte da historia da nosa pataca.

👨‍🍳 Showcooking infantil e a ciencia dos alimentos

(16:00 h, Praza do Concello)
Un dos momentos máis esperados: os pequenos poderán poñerse o mandil e aprender da man dun gran cociñeiro.

👉 É necesaria inscrición previa no 981 733 280.

🏃 Circuito de obstáculos

(17:00 h, Parque Municipal)
Diversión, superación e compañeirismo.

👉 Tamén é necesaria inscrición previa no 981 733 280.

💛 Porque a Festa da Pataca tamén é infancia, futuro e esperanza. Porque cando un neno xoga, cociña ou participa, está sementando recordos que quedarán para sempre.

A Festa da Pataca vibrará coa alegría dos máis pequenos. Vinde vivir con nós unha xornada feita de emocións, tradición e festa!