Segundo establece a RESOLUCIÓN de 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se da publicidade do Acordo do Consello da Xunta, de 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara unha nova normalidade, o Concello de Coristanco vai adoptar as seguintes normas de aplicación:

  • Será obrigatorio o uso de máscaras de acordo co establecido no artigo 6 de Real decreto lei 21/2020, de 9 de xuño.
  • Distanciamento entre postos de 4 m. no frontal e de 1´5 m. no lateral.
  • Distancia de seguridade interpersonal establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá ser de 1 metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.
  • Uso de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados
  • Procurarase evitar a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes.