Coristanco, 1 de novembro do 2014. O Programa Cultural de Outono organizado pola Concellería de Cultura e Deportes de Coristanco, coa colaboración da Deputación da Coruña, inclúe once espectáculos que se levarán a cabo entre os meses de novembro e decembro. Aínda que o público infantil é o destinatario da maior parte das propostas, o Concello de Coristanco quere estender a súa oferta de ocio a todos os sectores da poboación, de xeito que na programación tamén figuran actividades para maiores, adolescentes e familias. Dende o 6 de novembro ata o 30 de decembro pasarán por Coristanco grupos musicais coma Mamá Cabra, compañía de teatro como Baobab ou Ghazafelhos, magos coma Cayetano Lledó e compañías de animación coma Garabato de Xogos. O punto de encontro será o edificio de servizos múltiples, e a entrada a todos os espectáculos será gratuíta.

O programa é o seguinte:

programa cultural outono reducido

NOVEMBRO

Xoves, 6
11.00 horas
Teatro: “Contos para escararriñarte”, Compañía dos Ghazafelhos
Público preferente: infantil 8-10 anos

Mércores, 12
10.00 e 11.15 horas (dous pases)
Teatro: “Martes”, Compañía Baobab Teatro
Público preferente: 3-6 anos

Venres, 14
11.00 horas
Teatro: “La noche de los monstruitos”, Compañía Duende Sico
Público preferente: 6-8 anos

Sábado, 15
18.00 a 21.00 horas
Festa do Magosto, co grupo musical Sonlatino
Público preferente: 3ª idade

Venres, 21
11.00 horas

Teatro: “Merenda de libros”, Compañía Teatro en Punto
Público preferente: 8-12 anos

DECEMBRO

Xoves, 11
11.00 horas
Contacontos: “Bailando cos contos”, Compañía Baobab Teatro
Público preferente: infantil

Venres, 12
11.00 horas
Maxia “Máxico Circus Cabaret”, Mago Cayetano Lledó
Público preferente: 8-10 anos

Sábado, 20
18.00 a 21.00 horas
Festa de Nadal, co grupo musical Pacífico
Público preferente: 3ª idade

Domingo, 21
18.00 horas
Música: “Concerto de Nadal”, Sonrisas y Lágrimas Ludmila Orlova
Público preferente: familiar

Luns, 29
17.00 horas
Animación: “Popín Palomero”, Garabato de Xogos
Público preferente: infantil

Martes, 30
18.00 horas
Música: “Concerto Corocorico”, Mamá Cabra
Público preferente: familiar-infantil