Con música e monicreques comezou o Outono Cultural de Coristanco, un amplo e variado programa deseñado pola Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, que dirixe Laura Mariño.

coris 3
Función de monicreques para os nenos/as de Educación Infantil

Aínda que os nenos e nenas dos colexios do concello foron os destinatarios das primeiras actividades, o cartel inclúe propostas para todas as idades e para todos os gustos: artes escénicas para público infantil e xuvenil, con grupos de renome como Pesdelán; achegamento da ciencia e da maxia aos coles, sendeirismo e natureza cun total de 6 rutas pola comarca de Bergantiños, actividades culturais das asociacións… E, por primeira vez, as presentacións literarias entran dentro da programación do concello levando o libro Coristanco. As súas parroquias aos locais sociais do rural.

Consulta aquí o programa completo:

coris 2