Tal e como se ven realizando habitualmente noutros anos informo que o vindeiro 29 de agosto de 2025, desprazarase o Equipo Móbil do DNIe a Coristanco, a fin de efectuar a expedición de DNI e PASAPORTE en horario de 09:00- 13:00h.

Tamén se poderá proceder a actualización das claves do DNIe.

Documentación necesaria:

  • DNI anterior (ou denuncia en caso de pérdida ou extravío).
  • Unha fotografía recente tamaño carné.
  • Certificado de empadroamento (si é preciso).
  • En caso de renovación por caducidade, 12 euros no caso do DNI e 30 euros no caso de pasaporte.

📞 Inscrición previa obrigatoria no Concello de Coristanco.

Para pedir cita, pode chamar ao teléfono 981 733 001.

🔁 Comparte esta información con quen lle poida interesar!

VER BANDO