Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller; o Departamento de Cultura do Concello de Coristanco promove unha campaña para o fomento e promoción da igualdade. Co lema “O encomio da muller de Coristanco” realizaremos un concurso con tres categorías diferentes co obxecto de fomentar a promoción da igualdade dentro do noso municipio. Invitamos a todos os veciños a participar.

CATEGORÍAS:
1º: DEBUXO
2º: RELATO CURTO
3º: FOTOGRAFÍA

Prazo: Poden presentar os seus traballos ata o venres 5 de marzo ás 12h.
Premio: un lote de libros para os gañadores.

DESCARGA O FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información

Para máis información:
📧 biblioteca@coristanco.gal
☎ 651.66.49.08