Coristanco acollerá o 19 de setembro o I Torneo de Fútbol-7 e a I Carreira da Pataca

O Concello de Coristanco introduce o deporte no programa de actividades paralelas da Festa da Pataca. O 19 de setembro pola mañá disputarase no campo da Rocheira a primeira edición do Torneo de Fútbol-7. Os equipos interesados en participar deben inscribirse antes do día 15 chamando ao número de teléfono 651 663 657, onde tamén poderán informarse sobre as características da competición. Ese mesmo día, pero a partir das 17 horas, terá lugar a I Carreira da Pataca, organizada en colaboración co Club de Atletismo Os Muditos e destinada a nenos e nenas dende a categoría pitufo ata a cadete. As anotacións tamén poden realizarse ata o día 15, aínda que se habilitará unha inscrición extraordinaria o mesmo día da carreira ata unha hora antes de que comece. Para calquera información adicional está dispoñible o 651 663 657.

Print

btn_inscricion-futbol7-pataca

btn_inscricion-carreira-pataca