Despois do éxito acadado polo programa cultural desenvolvido durante o verán, no que participaron centos de veciños e veciñas de todas as idades, a Concellería de Cultura e Deportes de Coristanco está a traballar nas actividades que se levarán a cabo ao longo do curso que está a piques de comezar.
Se durante os meses de xullo e agosto houbo marchas cicloturísticas, campamentos, talleres de danza, cursos de natación, saídas ao parque acuático de Cerceda, actividades na ludoteca e informática para nenos, entre as propostas que se porán en marcha a partir do 1 de outubro figura cursos de informática para adultos.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 28, e haberá quendas de mañá e tarde tanto en iniciación coma en perfeccionamento. As persoas interesadas poden informarse na biblioteca, no edificio de servizos múltiples, o a través do número de teléfono 981 733 280.