O Concello de Coristanco levou a cabo ao longo desta semana o reparto de alimentos procedentes do banco da Cruz Vermella entre as familias máis necesitadas do municipio. Segundo indicou a concelleira de Servizos Sociais, Maruja Eiroa Villar, o reparto beneficiou a 86 familias, 28 delas numerosas.

A campaña coincide co inicio da operación kilo-litro promovida pola parroquia de cara ao Nadal. A iniciativa púxose en marcha hoxe, e todas as persoas interesadas en colaborar poden facer as súas achegas no Restaurante Alaska, Panadería Roiser, Centro Comercial Carrefour, supermercados de Traba, Xaviña, Oca e Seavia; cooperativa de Coristanco, gasolineiras, casa rectoral de Traba e parroquias.

O obxectivo da campaña, que se leva a cabo nos últimos anos cun nivel de participación moi alto, é permitir que as familias con menos recursos teñan a alimentación garantida durante as festas de Nadal.