O Concello de Coristanco presenta o Programa Xermolar, un servizo de apoio ás familias para lograr o equilibrio da vida persoal, familiar e profesional. Entre as medidas que imos incentivar destacan as seguintes:
Servizo de Madrugadores/as: En horario de 07.30 a 09.30h, as familias poderán solicitar a entrada das crianzas nesta aula de Madrugadores/as como recurso para compatibilizar o traballo das familias e o horario escolar.
Aula Lúdica: En horario de 16:00h (remate da xornada escolar) ata ás 19:00h, as familias poderán solicitar a entrada das crianzas neste espazo habilitado cun equipo de traballo composto por dúas/dous monitoras/es que a súa vez se encargarán de exercer de fío condutor coas demais actividades extraescolares ofertadas neste programa.
Opcións de actividades extraescolares: Cross Kids, Cociña, Música e Movemento, Teatro, Pequemotricidade, Robótica, Informática, Ciencia, Judo…
Estas actividades desenvolverase no CPI Alcalde Xosé Pichel, lugar onde pretendemos incentivar a posta en práctica de medidas e actividades que contribúan de maneira real á conciliación da vida persoal, familiar e laboral de mulleres e homes do municipio, ademais de fomentar a sensibilización en materia de corresponsabilidade.
Para máis información:
Tel.: 651 664 908
Email: biblioteca@coristanco.gal
Oficina de Cultura, Planta Baixa do Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco