O edificio de servizos múltiples de Coristanco foi escenario onte dunha gran festa artística escolar. Alí celebrouse a entrega dos premios do certame das Letras Galegas que organiza o Concello e no que os pequenos puideron competir en cinc0921o categorías diferentes (debuxo, piano, monografía, poesía e narrativa).

Foi outorgado un galardón por categoría, curso e centro participante (CRA Novo Mencer e colexios Bormoio, Canosa-Rus e Alcalde Xosé Pichel), de tal xeito que o número total de premiados ascendeu a medio cento -individual ou en parella-, ademais dunha decena de aulas cuxos traballos foron recoñecidos colectivamente. Todos eles, acompañados polos seus profesores e por algúns proxenitores, participaron no acto.

Carlos Fernández, director do colexio Xosé Pichel, exerceu de mestre de cerimonias e foi o encargado tamén de lembrar ao autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro, recitando algúns dos seus versos. Na entrega de premios participaron o alcalde, Antonio Pensado Plágaro, e as concelleiras de Cultura, Clarisa Couto, e de Servizos Sociais, Gema Eiroa.

Fonte e enlace: La Voz de Galicia