
Coñecedores do gran potencial que o concello de Coristanco ten para o desenvolvemento da agricultura ecolóxica, o consistorio pon en marcha este curso de 30 horas de duración e que terá lugar no edificio de sevizos múltiples do Concello, co obxectivo de fomentar e difundir as explotacións agroecológicas propiciando a práctica dunha agricultura sustentable e respectuosa co medio.
A agricultura e alimentación ecolóxicas propoñen novos métodos de produción dando así resposta a una demanda cada vez maior da cidadanía de alimentos sans, seguros e cultivados con respecto ao medio e así, a través desta acción formativa as persoas participantes adquirirán técnicas e coñecementos necesarios para poder cultivar un alimentos sans e de gran calidade organoléptica.
Deste xeito ao mesmo tempo que se impulsan hábitos saudables entre os pequenos agricultores da zona, tamén pretende favorecer e fortalecer a actividade agrícola no municipio chegando a persoas desempregadas que opten por formarse e facer da agriculura ecolóxica una actividade laboral, dando un paso máis na formación e facendo da produción ecolóxica unha saída profesional.
A inscrición é gratuíta e pode formalizarse no edificio de Servizos Múltiples do Concello de Coristanco ata o 18 de maio.
Os contidos formativos xirarán en torno aos principios e obxectivos da agricultura ecolóxica, con especial incidencia en apartados como chan agrícola e fertilización, o compost e a compostaxe, manexo de pragas, enfermidades, planificación de cultivos, horticultura específica e sistemas de rego e reprodución vexetal, entre outras materias.