O vindeiro venres, 17 de setembro (19.30h), a Área Recreativa da Rocheira acollerá a presentación do libro “O Chan da embarrada. Conxunto megalítico en Ferreira (Coristanco)”. O acto contará coa presentación a cargo de Xosé Antonio Andrade e a posterior intervención dos autores:
➡️Fernando Cabeza
➡️Evaristo Domínguez
➡️Xan Fernández
➡️Antón García
➡️Luís A. Giadás.
📚 A todos os/as participantes no acto faráselle entrega dun exemplar da obra. Igualmente, os estantes da Biblioteca Municipal de Coristanco contarán con varios exemplares desta obra, que tamén se fará chegar ás Bibliotecas do CPI Alcalde Xosé Pichel, EFA Fonteboa, CEIP Bormoio Agualada, CEIP Canosa Rus e CRA Tarandeira.
Por motivos de control de aforo, os interesados en asistir á presentación deberán previamente inscribirse:
📍 de forma presencial na Biblioteca Municipal
📍a través da canle telefónica 651 664 908