O Apalpador xa anda pola zona!!!

Grazas ao voluntariado de Senda Nova, á implicación dos colexios de Coristanco e á colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, por primeira vez, este personaxe do Nadal galego virá desde o Courel a Coristanco para pasar varios días entre nós.

Mañá será recibido no colexio da Braña (A Canosa-Rus) a primeira hora da mañá, e despois no Xosé Pichel.

O mércores será a quenda do alumnado do cole Bormoio-A Agualada, o xoves visitará as unitarias da Feiranova e da Rabadeira e o venres terémolo no Punto de Ocio Infantil.

Que non sabedes quen é O Apalpador?
Pois aquí vos deixamos este enlace para coñecelo un pouco mellor http://www.apalpador.com/orixes/

 

O_Apalpador