En España diagnostícanse 3 casos novos de ELA ao día, e calcúlase que 1 de cada 4 españois padecerán a enfermidade. Segundo as estimacións, ata o ano 2040, prevese un aumento significativo no número de casos de ELA na poboación mundial, debido fundamentalmente ao aumento da esperanza de vida e ao envellecemente da poboación.

A pesar disto, o ELA segue sendo unha enfermidade invisible e esquecida debido a súa baixa prevalencia, provocada en grande medida pola alta mortaldade. A falta de inversión para a súa investigación fai que en máis de 20 anos non se avanzase no tratamento, contención nin cura.

O 21 de xuño celebrase o DÍA MUNDIAL DO ELA. Con motivo deste día, o Concello de Coristanco en colaboración con AGAELA (Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica) iluminará de verde o Concello para visibilizar esta doenza e apoiar as persoas enfermas para así concienciar a sociedade sobre as dificultades que conlevan no día a día. De igual modo, a Biblioteca de Coristanco, tamén quixo unirse a esta iniciativa cos seus mellores recursos, os LIBROS.