O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel ALTO de restricións no noso municipio a partir deste venres, medida de prevención específicas para concellos con incidencia acumulada a 14 días entre os 250 e 500 casos por cada cen mil habitantes.

Á espera da publicación no DOG, os niveis de restricións por concellos sería a seguinte:
🔴 Máximo: Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras.
🟠 Alto: Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco.
🟡 Medio: Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares.
🟢 Medio-baixo: concellos restantes.

>> CONSULTA AQUÍ AS RESTRICIÓNS