Coristanco, 13 de setembro do 2014. A Festa da Pataca de Coristanco terá máis sabor que nunca grazas á colaboración da hostalería local nunha nova iniciativa promovida dende o Concello para dinamizar o sector e animar o ambiente nos días previos á celebración gastronómica con máis tradición da comarca de Bergantiños. Nove establecementos participarán do 16 ao 20 deste mes na Ruta dos Pinchos, na que, como é lóxico, o ingrediente de referencia será a pataca de Coristanco.

Os locais que se sumaron á iniciativa son Café bar Antoxo, Cervecería Arume, Pizzería Il Molino, Bodegón Trincado, Café bar Anabel, Cervecería La Arboleda, Tasca A Pataca, Parrillada Alaska e Cervecería Verxel. En todos eles, os clientes poderán degustar coa súa consumición tapas elaboradas con patacas de Coristanco. A Ruta dos Pinchos desenvolverase de martes a sábado en horario de 20.00 a 23.00, e ademais haberá sorteo de premios entre os clientes dos establecementos hostaleiros.

Ruta de pinchos reducida