📣📣 Dada a evolución da pandemia no nosa comunidade autónoma, acaban de darse a coñecer as novas restricións que terán a súa entrada en vigor ás 00.00h do 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro.
🔴 Interaccións sociais limitadas a CONVIVENTES (agás no traballo e no coidado de persoas maiores ou menores)
🔴 MOBILIDADE reducida ao propio concello (agás casos permitidos)
🔴 Toque de queda ás 22.00 horas
🔴 ACTIVIDADES ESENCIAIS PERMITIDAS: sanidade, educación, coidado de maiores e menores, traballo e comercio, cos conseguintes condicionantes:
➡ SANIDADE: seguirán interrompidas as visitas aos enfermos salvo nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores.
➡ EDUCACIÓN: as universidades non reanudarán as clases ata o vindeiro 8 de febreiro e, durante a primeira semana, estas clases deberán ser telemáticas.
➡ COMERCIO: Seguirá funcionando o comercio esencial (supermercados, farmacias, talleres de vehículos…) O Comercio non esencial permanecerá aberto ata as 18h exclusivamente. Os centros comerciais pecharán os fins de semana.
➡ HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN: Peche total, excepto para a recollida e entrega a domicilio e para os comedores no ámbito laboral.
➡ DEPORTE: queda restrinxida á actividade deportiva individual ao aire libre e exclusivamente no propio concello, co peche de ximnasios e outros establecementos interiores. Será obrigatorio o uso de máscara SEMPRE.
➡ CENTROS SOCIAIS E SEMELLANTES: como clubs de xubilados, fogares da terceira idade… permanecerán pechados.
➡ CULTURA: Suspendida a actividades de museos, bibliotecas ou de calquera outro establecemento cultural.