O 9 de maio de 2021 terá lugar o fin do estado de alarma, o que supón unha serie de modificacións:
HOSTALERÍA:
- Bares e cafeterías poderán abrir ata ás 23h.
- Restaurantes poderán abrir ata a 1h da madrugada. Segue sendo preciso dispoñer de rexistro previo, medidor de CO2 e licencia de restaurante.
REUNIÓNS: Seguen limitadas as reunións entre non conviventes a 6 persoas no exterior e 4 no interior. Permitirase contacto físico nas visitas a residencias e ampliase as saídas dos usuarios nos concellos con nivel medio e nivel baixo.
PECHE PERIMETRAL: Galicia deixará de ter peche perimetral, pero manterá o rexistro de viaxeiros.
TOQUE DE QUEDA: Suprímese o toque de queda, xa o sábado será ata as 24h para que enlace co levantamento do estado de alarma na medianoite do domingo.