NIN UNHA CADEIRA MÁIS BALEIRA. Un dos nosos obxectivos prioritarios é xerar unha acción para a loita contra a violencia nas súas diferentes formas e modalidades. Por eso, este ano, dentro das actividades en conmemoración do 25 de novembro, día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Coristanco lanzou a campaña “Nin unha cadeira máis baleira”. Esta iniciativa invita aos diversos establecementos do municipio a participar a través da colocación dun símbolo que implica o compromiso de rexeitar calquera manifestación de violencia contribuíndo así á prevención e ó apoio social cun único mensaxe claro e contundente:
RESPECTO E FIRME REXEITAMENTO DAS VIOLENCIAS
– FONTANERÍA CIVES, Rabadeira.
– MATILDO TABERNA, Valenza.
– AUTOS FACAL, Agualada.
– FLORISTERÍA PÉTALOS, Coristanco.
– PANADERÍA CIVES, Rabadeira.
Agradecemos novamente a participación dos establecementos inscritos, que iremos compartindo ao longo deste mes de novembro.
Para máis información:
651.66.49.08