NIN UNHA CADEIRA MÁIS BALEIRA. Durante este mes de novembro iremos compartindo todos os establecementos que se adheriron a campaña Nin uha cadeira máis baleira. Dende o Concello agradecemos a participación nesta iniciativa e invitamos a seguir colaborando para contribuír a creación de espazos que apoian o desenvolvemento de actitudes que erradiquen a violencia de xénero nas súas diversas expresións e modalidades.
– Neumáticos MARIANO, Rúa Charrúa.
– Peluquería PATRICIA, Rúa Pataca.
– Química Industrial SAVELO, Ctra Xaviña.
– Carnicería MARUJA, Travesía do Muíño.
– Cervexería VERXEL, Av. Fisterra.
– Parrillada MONTEVIDEO, San Roque.
– FISIOSAN Fisioterapia e rehabilitación, Tr. Pataca.
O Concello de Coristanco inicia esta campaña para sensibilizar e visualizar en toda a súa crueza, as terribles consecuencias que pode ter mirar para outro lado, unha cadeira baleira. No que levamos de ano, 40 foron as mulleres asasinadas vítimas de violencia de xénero en España.