NIN UNHA CADEIRA MÁIS BALEIRA. Este é o lema da campaña coa que o Concello de Coristanco pretende sensibilizar e concienciar a poboación sobre a necesidade de unirse contra a violencia de xénero. Faino cunha premisa que pretende visibilizar en toda a súa crueza as terribles consecuencias que pode ter mirar para outro lado: unha cadeira baleira. Ao longo do ano 2020, 37 foron as mulleres víctimas mortais por violencia de xénero en España e 17 os menores de idade que quedaron orfos.
O Concello de Coristanco manifesta o seu rexeitamento frontal á violencia e anima a participación na campaña a todos para contribuír así a crear unha sociedade máis respectuosa, saudable e igualitaria, libre de violencias.
Esta dinámica está encadrada dentro da programación para celebrar o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.