
O Concello de Coristanco participa na campaña de esquí para nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2005 que organiza a Deputación Provincial da Coruña. Os rapaces seleccionados gozarán dunha fin de semana de diversión na estación de esquí de Manzaneda (Ourense), onde asistirán a cursiños de esquí. A quenda correspondente a Coristanco abrangue do 6 ao 8 de marzo do 2015, pero as familias interesadas deben formalizar as inscricións antes do 19 deste mes de decembro. Os interesados poden informarse no departamento de Deportes, no edificio de servizos múltiples.