Con motivo das celebracións do Nadal, organizamos unha actividade especial para os alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio: a visita do Apalpador, figura tradicional do Nadal galego, que acudirá a compartir cos nenos e nenas os costumes e tradicións máis entrañables da nosa terra.

Obxectivo da actividade: A través desta visita, queremos promover o coñecemento das tradicións galegas e, en particular, a figura do Apalpador, quen se encarga de “palpar” as barrigas dos nenos para asegurarse de que están ben alimentados. Para facelo aínda máis especial, repartirase patacas fritas de Coristanco, un produto autóctono que simboliza o apoio á economía local e conéctanos coas nosas raíces.

Obxectivos pedagóxicos:

  • Fomentar o coñecemento e a difusión das tradicións galegas.
  • Reforzar o concepto de consumo responsable e local.
  • Crear un ambiente festivo e educativo ao redor das celebracións do Nadal.