O vindeiro 25 de novembro arrancamos co programa Muller Dixital no Edificio de Servizos Múltiples. Este programa ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou con interese en mellora de emprego, consistente en accións formativas para a adquisición de competencia dixital cunha duración de 40 horas de contidos técnico-prácticos.

Que requisitos debo cumprir para poder facer o curso?

👉Ser muller.
👉Estar inscrita como demandante de emprego ou en condición de mellora de emprego.
👉Ter máis de 18 anos.

Para máis información, podes consultar www.mullerdixital.gal, chamar ao teléfono 621 180 898 ou no email promotor3@mullerdixital.gal