O vindeiro domingo 11 de outubro, no Edificio de Servizos Múltiples, ás 12h poderemos desfrutar da nova proposta de Teatro Ghazafellos para o programa Falaredes. Monstros no camiño é unha divertida comedia para nenos e nenas de 4 anos en diante.
Tres investigadores reúnense nun mesmo simposio onde convocarán, coa axuda dunha máquina da súa invención, aos monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo Camiño de Santiago: Lobishomes, meigas, o sacaúntos… desfilarán para ser sometidos, con moito humor, a un escrutinio que lles permita aos científicos e ao público, necesario colaborador nesta aventura, comprobar se existen de verdade ou non.
Para asistir a esta actividade será necesaria a previa inscrición polas seguintes canles:
– Reserva por teléfono ao: 651.66.49.08
– Reserva de forma presencial na Biblioteca Municipal.
Esta actividade desenvolverase segundo as normas de hixiene e prevención recomendadas polas autoridades sanitarias:
– Aforo limitado: máximo 25 persoas.
– Uso obrigatorio de máscara.
– Preferencia para o público infantil.
– Dispoñerase de xel hidroalcohólico na entrada.
– Respectaranse as distancias sociais recomendadas.